Número de libros encontrados: 16
Antón e os inocentes
Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes»...
Con pólvora e magnolias
Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos...
Percival e outras historias
En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios...
Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos
Neste Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, X. L. Méndez Ferrín explora, con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do noso País, que son os auténticos protagonistas deste libro...
Arnoia, Arnoia
En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón...
Bretaña, Esmeraldina
Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria...
Contra Maquieiro
En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para levar a cabo unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso...
Crónica de nós
Hogano a nosa cidade estoupa en cachos; cen barricadas cortan cada serán o trafego insoportábel; fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de desespranza (Galicia, desespranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis contra o fondal de si, procurando cega avante; e velos están aí eles, os obreiros, conmovendo as rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aínda que ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda...
Arraianos
A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia...
O crepúsculo e as formigas
É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente...
No ventre do silencio
Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50...
Poesía enteira de Heriberto Bens
A Poesía enteira de Heriberto Bens edítase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes Antoloxía popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X...
O fin dun canto
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importante lista de títulos...
Elipsis e outras sombras
Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición»...